A Xunta de Galicia oponse á equiparación salarial dos parques provinciais de bombeiros de Lugo. É a denuncia que fixo o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, este xoves logo do encontro que mantivo, xunto ao Presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso; e ao Deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López; co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, para estudar a situación dos parques provinciais de bombeiros galegos, así como o cambio do modelo de xestión cara o público, tal e como avogan os 3 organismos provinciais.
Campos Conde trasladoulle ao vicepresidente a necesidade de igualar os soldos dos profesionais que prestan o servizo contra incendios na provincia de Lugo, aos de Ourense pois “é de xustiza que polo mesmo traballo e as mesmas responsabilidades, mesmo soldo”. É importante subliñar que estes profesionais cobran 3.000 euros menos que os do resto de Galicia cando fan o mesmo traballo; uns 18.000 euros ao ano.
O presidente provincial destacou que Rueda rexeitou completamente a posibilidade de achegar os 330.000 euros que lle corresponde á Xunta de Galicia por participar ao 50% no Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, e que o Goberno da Deputación xa ten comprometidos no orzamento 2017. Campos Conde destacou que “queremos que o Partido Popular se aclare, pois en Lugo defenden unha cousa pero en Santiago votan o contrario. É o dobre xogo ao que nos teñen acostumados.”.
FUENTE: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/62456-denuncian-xunta-ma...
¡Tienes que ser miembro de LA HERMANDAD DE BOMBEROS para agregar comentarios!
Únete a LA HERMANDAD DE BOMBEROS